O Entroido de Pantón desafía á chuvia e desfilan máis dun milleiro de persoas

O Council of Pantón celebrou un ano máis o seu Desfile de Comparsas e Disfraces que pecha o Entroido na Ribeira Sacra. Desafiando á chuvia desfilaron máis dun milleiro de persoas en máis dunha trintena de comparsas e disfraces individuais.

O Entroido de Budián, Entroido tradicional de Pantón que se vén recuperando desde hai anos, participou do Desfile. Ademais doutras comparsas e disfraces de Pantón, acudiron comparsas chegadas de Sober, Rodeiro, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Ourense, Sarria ou Ribas de Sil.

Ás 16:00 comezaba o Desfile, encabezado pola charanga Tambukda Lugo, que durante máis de dúas horas percorreu as rúas de Ferreira para rematar na Praza do Concello onde seguiría a música. Alí os participantes desfrutaron dun chocolate quente con biscoito e todos os nenos e nenas que desfilaron recibiron tamén o seu paquete de chuches.

xurado estivo composto por cinco representantes elixidos por sorteo entre as comparsas de máis de 10 participantes, e unha persoa allea ás mesmas que exercerá o voto de calidade en caso de empate. Valorábase o vestiario e maquillaxe, elaboración do disfraz, a posta en escena e a música. Así os premios recaeron en:

Comparsas Adultos Grupo A (máis de 10 compoñentes)

  • 3º Premio, Mundo Rabbit (150€)
  • 2º Premio, Memorias do Titanic (200€)
  • 1º Premio, Pide o teu desexo en Sober (300€)

Comparsas Adultos Grupo B (grupos de entre 5 e 9 compoñentes)

  • 3º Premio, Carrusel (100€)
  • 2º Premio, Os Gnomos do Faro (125€)
  • 1º Premio, Fantasía do Entroido (150€)

Comparsas Adultos Grupo C (individual e parellas entre 1 e 4 compoñentes)

  • 3º Premio, Joker y Harley Quinn (50€)
  • 2º Premio, Doña Rogelia (75€)
  • 1º Premio, Reciclator e o seu Dragón (100€)

Comparsas Infantís de 10 ou máis compoñentes

  • 3º Premio, O Corraliño do Monte Baliño (150€)
  • 2º Premio, O Rabaño da Celia (160€)
  • 1º Premio, Tic Tac (180€)

Comparsas Infantís de entre 5 e 9 compoñentes

  • 1º Premio, A Fórmula de Pantón (100€)

Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes

  • 2º Premio, Mi amigo el Zombie y yo (40€)
  • 1º Premio, Paseo en Globo pola Ribeira Sacra (50€)

Todas as comparsas con carroza recibiron 50€ como axuda e as de máis de 10 compoñentes recibiron 80€ non acumulables ao premio. Con todo o Concello de Pantón repartiu máis de 5.000€ en premios.

Desfile de Disfraces e Carrozas o día 8 de marzo de 2025 en Pantón para despedir o Entroido na Ribeira Sacra

Un ano máis o Concello de Pantón será o encargado de pechar o Entroido na Ribeira Sacra coa celebración do Desfile Concurso de Disfraces e Carrozas que terá lugar o sábado, 8 de marzo. O desfile sairá ás 16.00h. do colexio Monte Baliño (os participantes presentaranse ás 15.30 levando o número de identificación que se lles entrega no momento da inscrición) para percorrer as rúas de Ferreira e finalizar na Praza do Concello, onde coa chegada da última comparsa comezará unha chocolatada baile e entrega de agasallos doces para os/as nenos/as.

As inscricións pódense facer ata o día 7 de marzo ás 11:30h no Departamento de Cultura de Pantón, localizado no segundo piso de Edificio Sociocultural, de luns a venres en horario de 10:00h a 20:00h, e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

Establécense os seguintes premios:

Comparsas Adultos:

  • Grupos de 10 o máis compoñentes (300€, 200€ e 150€)
  • Grupos entre 5 e 9 compoñentes (150€, 125€ e 100€)
  • Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes (100€, 75€ e 50€)

Comparsas Infantís:

  • Grupos de 10 ou máis compoñentes (180€, 160€ e 150€)
  • Grupos entre 5 e 9 compoñentes (100€, 75€ e 50€)
  • Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes (50€, 40€ e 20€)

 

xurado estará composto por cinco representantes elixidos por sorteo entre as comparsas de máis de 10 participantes, e unha persoa allea ás mesmas que exercerá o voto de calidade en caso de empate. Premiarase o vestiario e maquillaxe, elaboración do disfraz, a posta en escea e a música, podendo, o xurado, deixar deserto algún dos premios ou conceder algún accésit se o considerase.

Todas as comparsas que presenten carroza recibirán 50€ como axuda e as de máis de 10 compoñentes recibirán 80€ non acumulables ao premio. Os premios daranse a coñecer ao final do desfile e serán abonados en efectivo unha vez coñecidos os premiados.

As bases do Desfile Concurso poden consultarse na web do Concello de Pantón, a través do seguinte enlace. A celebración do Entroido en Pantón continúa esta semana coa celebración do Xoves de Comadres.

en_GBEnglish (UK)