Concello

O concello de Pantón está situado no sur da provincia de Lugo, na denominada Ribeira Sacra lucense. Os seus límites veñen marcados polos ríos Miño, Cabe e Sil que a converten na «Mesopotamia» galega. 

A súa extensión territorial é de 146 quilómetros cadrados, ocupados polas 26 parroquias, que suman un total de 220  núcleos de poboación na que se asentan uns 2.600 habitantes. 

A capitalidade da zona está centrada na vila do Castro de Ferreira, que conta cuns 700 habitantes, agrupados á beira da N-120, a arteria de comunicación da zona, e na praza do Concello, lugar onde se desenvolve a vida pública e municipal.


Saudo do Alcalde.

Esta páxina pretende ser unha fiestra aberta pola que o mundo poida coñecer a nosa terra, lugares en que se conxugan arte, tradición e modernidade. As nosas xentes, motor de desenvolvemento de Pantón, souberon manter vivo o espírito de hospitalidade que nos define e que fai que os que nos visitan se atopen coma na súa casa. Estamos en disposición de ofrecer ás persoas que se acheguen a este Concello servizos e infraestruturas modernas, un magnífico románico rural, paisaxes incomparables e todo complementado con zonas de lecer públicas e privadas, ademais dunha magnífica gastronomía. Que estas páxinas sirvan de pequeno escaparate do que podemos ofrecer e que esperte a curiosidade do viaxeiro. Anímovos a visitarnos. Paga a pena! Benvidos! José Luís Álvarez-Blanco Alcalde-Presidente de Pantón.
José Luis Álvarez-Blanco

alcalde – presidente de pantón

Corporación Municipal

1200px-Logo_PSdeG.svg
LOCALIZACIÓN
982 456 005

Praza do Concello, s/n - O Castro de Ferreira
27430 Pantón (Lugo)

Presentación

Conozca nuestra comarca.

Parroquias

Nomenclator do Concello de Pantón

Acedre, San Román: A Abelaira, Acedre, As Adegas, Budián, Cima de Vila, O Cotillón, A Oseira, San Román. 

Atán, Santo Estevo: Albarde, Cabo de Vila, Cima de Atán, Freán, Pesqueiras, Prado, Reiriz, Salgueiros, Segade, Seoane, Souto. 

Cangas, San Fiz: A Arribada, Guende, A Lama, A Martiñal, O Outeiro, San Fiz, Sernande, Serode. 

Cangas, Santiago: Aúde, O Barrio, Cangas, Cima de Vila, Güiande, A Oseira, Outeiro, Pacios, A Panfolía ,  O Pontón, A Tapada, Vilar. 

Castillón, San Vicente: A Eiroá, O Bargo, A Casanova, Castrotañe, A Cegoñeira, Cobreiro, A Costa, A Ermida, Galegos, O Mato, O Outeiriño, Pacio, Pereiro, Piñeiro, O Reguengo, Remesar, San Lorenzo, San Vicente, A Serpentiña, A  Vila, Viñás, Virís, A Xesteira. 

Castillon, Santiago: Armental, O Barrio, Casdomato, Casgoiñas, Castillón, O Outeiro, Ral, A Veiga, Vilar, Vilarverde. 

Deade, San Vicente: A Cal, O Campo das Parras, Campo da Eirexa, Campo de Outeiro, Casdocende, Casebio, Cornide, Maside, As Nogueiras, O Pacio, Souto, Tanquean, Trigas, Vilanova. 

Eiré, San Xulián: O Barrio, A Casanova, A Costa, A Estrada, Faramontaos, Ferreiroá , Freixedo, Guítara, A Morá, Mosteiro, Nadal, Pedragude, Rodiz, San Xulián, A Santa Mariña. 

Espasantes, Santo Estevo: Barreal, A Cal, A Carballeira, A Casanova, A Famulia, O Fontao, A Granxa, A Lama do Río, A Lama, As Laxes, Pacios, A Quintá, Rousa, Sabaraz, O Souto, Vilaxilde. 

Ferreira, Santa María: Basillao, As Bouzas, A Capa, Os Castriños, O Castro de Ferreira, O Curro, A Estrada, Goián, A Lavandeira, O Mouro,

O Mato, Os Ramos, Santadriao, A Torre, O Valiño, A Vila da Carreira, A Vila do Souto. 

Frontón, San Xoan:  Amorín, A Barca, A Chaira, A Estación, Frontón, Lornís, O Outeiro, Seragude. 

Mato, Santo Estevo: Abuíme, Campoverde, Carreixas, Currás, Guimarás, Marrás, Pereiroás, Rial, Santo Estevo, A Torre do Mato. 

Mañente, San Mamede: Campelos, Couto, Eireos, A Estrada, A Fonte, Mañente, Outarelo, Pacios, O Pozo, Valado, Varela. 

Moreda, San Román: O Barrete, Cabo de Vila, Outeiro, Paderne, Palmelle, Salcedo, San Román, Viñas. 

Pantón, San Martiño: Augasantas, As Bornogueiras,  Costa, Follés,  Outeiro, Pantón de Abaixo, A Regueira,  Regueiro, O Souto, O Verdeal, A Vila, Vilar. 

Pombeiro, San Vicente: Amandi, Barreiro, O Barrio, Bazal, O Cancelo, Cascaxide, Cascortés, Cibrisqueiros, Mación, Moredo, Outeiro, Penaveada, A Piuca, A Presa, O Priorato, O Regueiro, Ribas de Sil, San Cosmede, San Pedro, O Souto, Telleiros, A Torre de Vilamirón, O Torrón, A Touza, Vilamirón. 

Ribeiras de Miño, San André: O Bacelo, O Barreal, O Cabo da Aldea, O Campo, O Carballedo, O Carballo, O Cruceiro, O Ferroño, Porcís, Portabade, Ribela, O Xogo da Bola. 

Següín, Santo André: Següín, Vilafiz. 

Serode, San Xulián: Briallos, A Lama, Outeiro, Quintá, A Vila do Mato. 

Sios, San Martiño: Campelos, Fontepedre, A Lama, Outeiro, A Pena, Siós de Abaixo. 

Toiriz, Santa María: O Carme, O Castelalbo, Corvás, A Estrada, Frenzas, A Hedra, A Igrexa, Loureiro, O Outeiro, Pacios, A Pena, A Pousa, O Pumar, Saa, Souto, Souto de Xelo, Vilanova. 

Toiriz, Santalla: A Alfándiga, O Barrio, Cacerille, O Carme, O Cotelo, Docil, Matelas, O Mato, A Regueira, Santalla, Trasulfe, Vilar. 

Toldaos, San Xoán: Toldaos de Abaixo, Toldaos de Arriba. 

Tribás, San Martiño: Albaredo, Fontao, A Porta, Pumar, Tribás. 

Vilamelle, San Cibro: O Campo, A Casa Alta, O Castro, Floxón, O Lugar, O Mato, O Outeiro, A Pena, O Souto, Vilamelle. 

Vilar de Ortelle, Santiago: Areas, O Batán, Casanova, Eirexe, Lagariza, Marce, A Míllara, A Morá, Outeiro, Rachelo, Ramos, Rubiás, San Romau, Valboa, Vilar, Maiorga.