Galicia España me-gusta1 25 a ruta pasa por riba da Míllara Transparente logo_ribeirasacra

Concello de Pantón

Ruta do Miño (Pantón - Saviñao)

 

 

Percorre terras dos concellos de Pantón e O Saviñao.Ruta lonxitudinal e bidireccional  e permite incorporarse a ela ou abandonala en múltiples puntos pola gran cantidade de accesos que se atopan no seu percorrido .O trazado da ruta non é perigoso en ningún punto . Sí é esixente fisicamente polas constantes subidas e baixadas , pero tamén ofrece múltiples puntos de descanso para quen a abandonePola súa lonxitude, casi  36 kms. pódese repartir en distintas etapas. Nós  aconsellamos catro etapas:

 

Etapa 1: Segade(x:607.441,39m / y: 4.706.896,70m)

              Marce (x:606.433,28m / y: 4.708.505,68m )

Distancia: 6kms

Dificultade media-baixa.

 

Partindo dun camiño na parte izquierda da estrada que baixa a Marce, comenza un percorrido por una zona empedrada de grande beleza e na que podemos atopar unha mina de auga que antiguamente se empregaba para suministro das casas e para regar.Chégase a Cima de Atán e no centro da aldea o camiño descende pasando cerca da Casa Albarde e despois dun pequeno tramo por estrada chegamos a igrexa románica de Santo Estevo de Atán.

Tras do cimiterio alí existente seguimos polo camiño pasando por Reiriz, Seoane. Todo este percorrido permite magníficas vistas da ribeira do Miño.

Atravesamos Seoane e un camiño nos leva a parte alta da fervenza do regato da Aguianza coa posibilidade de baixar ó pé da devandita fervenza.Seguindo o camiño temos a alternativa de visitar  o Castro de Marce, pendurado sobre o Miño e con fermosas vistas da ribeira, así como a igrexa románica de Chouzan na outra beira do río,  ou ben subir directamente a  Marce onde podemos visitar  a torre do reloxo ou os restos da antiga torre dos Lemos.

 

Etapa II:  Marce (x:606.433,28m / y: 4.708.505,68m)

             A Cova (x:608.844,05m / y: 4.713.136,99m)

Distancia:10.3kms

Dificultade: Media

 

Comezamos a camiñada no pobo de Marce seguindo o curso do Miño en sentido contrario. O primeiro tramo pasa por un frondoso bosque mediterráneo despois dun camiño ancho.Desviándose a esquerda está o Miradoiro das Maravillas (unha chaira natural que permite unha ampla panorámica da ribeira).Chegamos a Míllara(aldea recentemente recuperada), seguindo as sinais chegamos ó lugar de Balboa, e entre viñedos baixamos a area recreativa de Maiorga, onde é posible un baño ou un refresco no bar alí existente.Despois deste descanso o camiño que vai entre viñedos e cruzando regatos chegamos a  Ribeiras de Miño última aldea do Concello de Pantón antes de entrar no do Saviñao para visitar Arxuá chegar a igrexa da Cova final desta segunda etapa.

 

Etapa III: A Cova (x:608.844,05m / y: 4.713.136,99m)

                 Bexán (x:605.279,23m / y: 4.715.696,70m)

Distancia:9.7kms.

Dificultade: Media-alta

 

Dende a igrexa da Cova (S.XII) podemos tomar o camiño sinalizado que subindo ó lugar de Seoane da un xiro para descender deica as Adegas Moure (Abadía da Cova) ou ben facer un tramo de estrada  dende a igrexa e esta adega.Por calquera dos tramos poderemos contemplar unha magnífica panorámica do “cabo do mundo”.Seguimos baixando e tomamos o sendeiro sinalizado que nos leva dende a baixada a praia da Cova por unha zona arborada e de viñedos (cumpre estar moi pendente das sinais neste tramo) pasando por A Reguenga, Barrio.Nesta zona temos a alternativa de visitar o Castro de Mourelos que se sitúa fora do tramo sinalizado. Atravesamos logo O Mato todos pertencentes a parroquia de Mourelos. Seguimos o sendeiro e atopamos ás ruínas da casa da Pena de Quil noutrahora rica e que conserva a primitiva decoracion no patio con motivos avicolas en xeso sobre unha base de pedra. A poucos metros chegamos ó lugar de Bexán, final desta etapa.

 

Etapa IV: Bexán             (x:605.279,23m / y: 4.715.696,70m)

Santo Estevo de Ribas de Miño (x:606.189,57m / y: 4.719.423,22m)

Distancia:9kms

Dificultade:Media

 

Bexán e outro lugar de encanto tanto pola súa arquitectura popular como pola vista que se ten de Belesar e da ribeira.

Seguimos a sinalización do  sendeiro e baixamos entre viñas a  parte alta de Belesar

( Un pouco máis abaixo atópase un bar onde podemos repoñer forzas) para ascender polos codos de Belesar (camiño empedrado da época romá e empregado na Idade Media como camiño de inverno a Santiago) chegamos a igrexa románica de San Paio de Diamondi e o pazo obispal.

Sigue a subida deica o lugar de Montecelo onde hai restos da igrexa da Nosa Señora do Camiño (s.XVII) de seguimos a Galegos de Diamondi e dende alí a Santo Estevo de Ribas de Miño onde se atopa a igrexa románica do mesmo nome e casa de turismo rural. Aquí remata  a etapa.

 

 

 

 

 

Vista do Miño na zona da Míllara e Balboa

(Etapa II)

Cabo do Mundo (Etapa III)

Ribeira de Belesar (Etapa IV)

Etapa II ruta Marce-Atán 062

Recuncho do lugar de Seoane.

(Etapa I)

Etapa III Etapa IV

Igrexa de Santo Estevo de Atán. (Etapa I)