2026
Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro
O Council of Pantón celebrou os días 3 e 4 de xaneiro o I Mercado de Nadal. Unha decena de postos colocáronse na contorna da Praza do Concello e do Edificio
Sociocultural ofrecendo os seus produtos, entre os que se podía atopar costura, xabóns e candeas, arxila, gancho, galletas, bolsos, xoguetes, xoias ou papelería.
O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas antigüidades e na actividade artesá, profesionais no mundo da alimentación, dos xoguetes ou dos complementos. Durante toda a fin de semana, en horario de mañá e de tarde moita xente fixo as compras de Reis na vila e no Mercado, aproveitando todas as actividades complementarias que se organizaban para a infancia.
O balance foi moi positivo, a xente non lle tivo medo ao frío e aproveitou para traer aos nenos/as ás actividades e para coñecer o Mercado, “Para ser o primeiro ano o balance é moi positivo, os postos participantes falaron desde o comezo de repetir porque estaba funcionando moi ben”, asegura a concelleira
de Cultura, Cristina Domínguez, que xa anuncia data do II Mercado de Nadal de Pantón, a primeira fin de semana de decembro, “coincidiuse en que había que seguir e que a data idónea para os postos era comezos de decembro, así que decidimos establecer a primeira fin de semana de decembro como data fixa para esta celebración e abrir así os mercados de Nadal na comarca”.
Desde o Concello de Pantón agradécese o traballo e a participación dos postos para este Mercado e tamén a participación da veciñanza nesta iniciativa e nas actividades da programación de Nadal. A este respecto destaca o éxito do tradicional Festival de Reis que o día 5 enchía o salón de actos do Edificio Sociocultural e a segunda edición de Infantilandia que se celebraba o 2 de xaneito no Pavillón Municipal, “en Infantilandia tivemos moitísima máis xente que o ano pasado, hai tamén moi boa resposta da xente de cerca. O mesmo pasa co Festival de Reis, veñen nenas e nenos doutros concellos que aquí poden estar no colo cos Reis, pasan un pedazo, danlles lambetadas. Non é a distancia dunha cabalgata, aquí están ao quentiño, é moito máis cercano, por iso aproveitan para vir nenos e nenas con necesidades especiais, que se encontran moi a gusto no noso Festival de Reis”, explica Domínguez.