Trinta e dous anos de actos que teñen como centro de interese o románico e que fan deste concello un referente no sur da provincia de Lugo no eido cultural.
Conferencias, exposicións, concertos, saídas guiadas, presentacións de publicacións sucédense ó longo do ano para dar a coñecer o noso patrimonio.
Actos realizados ó longo das "Xornadas do románico de Pantón". Ante a imposibilidade de actos abertos ó público esta é unha forma de mantelas vivas esperando tempos mellores.