Esta páxina pretende ser unha fiestra aberta pola que o mundo poida coñecer a nosa terra, lugares en que se conxugan arte, tradición
e modernidade.
As nosas xentes, motor de desenvolvemento de Pantón, souberon manter vivo o espírito de hospitalidade que nos define e que fai que os que nos visitan se atopen coma na súa casa.
Estamos en disposición de ofrecer ás persoas que se acheguen a este Concello servizos e infraestruturas modernas, un magnífico románico rural, paisaxes incomparables e todo complementado con zonas de lecer públicas e privadas, ademais dunha magnífica gastronomía.
Que estas páxinas sirvan de pequeno escaparate do que podemos ofrecer e que esperte a curiosidade do viaxeiro.
Anímovos a visitarnos. Paga a pena!
Benvidos!
José Luís Álvarez-Blanco
Alcalde-Presidente de Pantón