Concello de Pantón
Igrexa de Santo Estevo de Atán
Conserva unha importante decoración escultórica en canzorros e capiteis, e tamén moitas marcas de canteiro. Os elementos decorativos das portas norte e oeste, comúns a outras igrexas da Ribeira Sacra, están relacionados coa tradición do mestre Mateo.
No interior consérvanse pinturas murais dos séculos XV e XVI.
Foi declarada monumento nacional no ano 1975.
47º 30´ 01.79´´ N X=606551,9
7º 42´ 11.78´´ O Y=4706247
Eirexas de Atán, San Fiz, Pombeiro, Eiré:
¡vós sodes un milagre erguido pola fe!.
-E ollades sempre o infinito.
Manuel María
Situada na beira esquerda do río Miño, a historia deste lugar relaciónase coa repoboación do bispo Odoario no século VIII e cun enclave monástico.
Estudos arqueolóxicos realizados a finais do século XX refírense a diversas construcións que foron a base da igrexa actual. Os restos de pedras caladas prerrománicas conservados, e actualmente colocados na torre-campanario, son indicio dunha edificación anterior á igrexa conservada.
Foi construída a principios do século XIII e amosa unha única nave rectangular con cuberta de madeira a dobre vertente e cabeceira tamén rectangular.