Galicia España me-gusta1 25 a ruta pasa por riba da Míllara Transparente logo_ribeirasacra

Concello de Pantón

Igrexa de San Vicente de Pombeiro

A igrexa está situada na beira dereita do río Sil nun lugar de natureza privilexiada preto do río Miño, onde houbo un asentamento eremítico do que se conservan os sartegos antropomorfos do Preguntoiro.

Pertenceu  a un mosteiro beneditino adscrito á reforma cluniacense. A principios do século XVI foi incorporado ó veciño mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

A súa igrexa, con planta basilical de tres naves de grande altura,  con cuberta de madeira e cabeceira con tres ábsidas semicirculares, foi consruída nos primeiros anos do século XIII.

Presenta tres portas de acceso con arco apuntado. A fachada principal complétase cun campario e cun tornachuvias de esmerada decoración.

No seu interior  locen varios retablos entreo os que sobresae o da capela central, barroco, de gran tamaño e fermosura. As pinturas murais son dos séculos XV e XVI.

Próxima á igrexa  está a reitoral, reformada no século XVIII, cun escudo relacionado co mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

 

 

42º 26´53.10´´ N    X=606660.8

  7º 42´10.91´´ O    Y=4700427.1

IGLESIA ROMÁNICA DE SAN VICENTE DE POMBEIRO

Eirexas de Pombeiro, Eiré, San Fiz. Atán:

nas que o misterio se fai claro e human.

  -E ollades sempre o infinito.

 

                            Manuel María