Galicia España me-gusta1 25 a ruta pasa por riba da Míllara Transparente logo_ribeirasacra

Concello de Pantón

Igrexa de San Miguel de Eiré

 

A igrexa ten unha única nave con cuberta de madeira a dobre vertente e unha pequena nave transversal á xeito de cruceiro, sobre a que se asenta a torre-campanario que lle dá á construción aspecto de fortaleza.  A súa cabeceira é semicircular con bóveda de cascarón, precedida dun tramo recto que se cobre con bóveda de canón.

Ó muro norte adosouse unha capela de orixe funeraria, que non conserva o teitume, pero si dous enterramentos.

San Miguel de Eiré sobresae pola variada temática na decoración de capiteis, canzorros, da porta norte e da pía bautismal. Conserva pinturas na bóveda  da ábsida datada no século XV.

Foi igrexa parroquial ata o ano 1890. É  monumento nacional dende o ano 1964.

Eirexas de Atán, Pombeiro, Eiré, San Fiz:

¡todo o futuro ten en vós luz e raíz!.

  -E ollades sempre o infinito.

       

                                 Manuel Maria

42º 31´05.80´´ N      X=611074,3

  7º38´ 52.27´´ O      Y=4708292,6

Formou parte  dun mosteiro feminino da orde beneditina, A primeira documentación relacionada con este mosteiro está datada no século X.

Sufriu a reforma dos mosteiros que, no século XV, obrigou as monxas desta orde a trasladarse ó mosteiro  de San Paio de Antealtares. A abadesa de Eiré  e outras relixiosas da Ribeira Sacra  encabezaron un acto de rebeldía ó non aceptaren o peche dos seus mosteiros. Finalmente víronse obrigadas a un abandono forzoso, que rematou no século XVI coa da vida monástica en Eiré.

A igrexa actual é románica do século XII. Unha ventá con arcos de ferradura que se conserva no seu interior dános conta dunha construción prerrománica.

Eiré Web Eiré interior.web