Galicia España logo_ribeirasacra

Concello de Pantón

facebook-me-gusta Transparente panton_anima

Igrexa de San Fiz de Cangas

Pertenceu a un mosteiro de monxas bieitas. A vida monástica perdurou en San Fiz ata a reforma de finais do século XV, en que as relixiosas desta orde en Galicia foron trasladadas ó mosteiro  de San Paio de Antealtares, en Santiago.

 

A igrexa é moi orixinal na súa estrutura arquitectónica. A súa construción data de finais do século XII e primeiros anos do XIII. Sufriu importantes reformas posteriores.

 

Ten planta basilical de única nave, cruceiro e cabeceira con tres ábsidas. A da esquerda foi modificada no século XVII e convertida en capela dos señores de Torre Novaes. Nela destaca o sartego do cabaleiro don Rodrigo López de Quiroga.

 

Conserva dous retablos do século XVIII, con esculturas de santos e santas relacionados coa  orde beneditina.

 

Relacionado coa igrexa está un calvario do século XIV, composto  polas figuras de Cristo crucificado, a Virxe de san Xoán, realizado en madeira policromada. O conxunto orixinal atópase na actualidade no Museo de Arte Sacra  das Madres Clarisas de Monforte de Lemos. A copia, de gran fidelidade, exponse nun pequeno recinto  preto da igrexa románica.

 

A igrexa de San Fiz de Cangas foi declarada monumento nacional no ano 1981. 

 42º 29´ 11.54´´ N      X=611686.6

   7º 38´ 27.92´´ O      Y=4704777

Eirexas de Atán, San Fiz, Eiré, Pombeiro:

¡en vós está contido o mundo enteiro!.

  -E ollades sempre o infinito.

 

                             Manuel María

Cangas.web