Galicia España logo_ribeirasacra

Concello de Pantón

facebook-me-gusta Transparente panton_anima

Ruta Cibrisqueiros - San Cosmede (Pombeiro)

RUTA POMBEIRO-SAN COSMEDE

Tumbas antromorfas de O Preguntoiro

Cibrisqueiros San Cosmede 1

Hórreo pendurado en Cibrisqueiros

Comeza no barrio de Cibrisqueiros (Pombeiro), ao lado dun lavadoiro comunitario que está  á beira da estrada, tomando o sendeiro que nos leva a Souto. Durante este tramo podemos observar unha bela vista da Igrexa románica de San Vicente de Pombeiro, (S.XII- XIII), así como construccións típicas da Ribeira. Unha pequena subida, pasado un regato, lévanos ás casetas de Pedén e uns metros máis adiante, á dereita, atópanse as TUMBAS DO REGUNTOIRO (dúas tumbas e restos de outras de carácter antropomorfo, así como unha pequena pila. Todas elas escavadas na rocha.)

Comeza un descenso ao longo do curso do río Sil, entre rochas graníticas, posiblemente restos dun glaciar que teñen a súa forma máis singular nunha formación que popularmente se coñece como "Veada" (cerva, en galego). Este "PENEDO" da nome a un pobo que se asenta na súa base, PENAVEADA.

Desde esta rocha, o sendeiro descende ata o lugar de SAN COSMEDE, final da ruta. Este tramo prolóngase entre unha frondosa e abundante vexetación, consecuencia do seu microclima mediterráneo. Conviven moreiras, figueiras, limoeiros, laranxeiros, olivos, vides e pexegueiros con sobreiras, castiñeiross, piñeiros, acacias, etc

Durante a viaxe non resultará difícil ver águias, lagartos, lagartixas, grallas e cun pouco de sorte algún que outro corzo, xabarín ou raposo que rápidamente se ocultarán ante a nosa presenza.

Esta ruta é dunha beleza singular, pero vólvese espléndida no outono e primavera como consecuencia das tonalidades que a Ribeira adquire nestas épocas do ano.

CibrisqueirosRuta