Galicia España logo_ribeirasacra

Concello de Pantón

facebook-me-gusta Twitter blue large instagram-logo-png-transparent-background panton_anima Transparente

Ruta do Camiño de Inverno

Texto...

Denomínase Camiño de Inverno a Santiago unha ruta que moitos peregrinos tomaban en época invernal, para evitar os nevados cumes do Cebreiro.

O camiñante optaba por un camiño máis fácil para chegar a Santiago, por terras máis baixas, marcado na súa maior parte pola beira do río Sil, para unirse, cruzando o río Miño, á Ruta da Prata en terras de Lalín.

É no tramo entre Monforte de Lemos e Chantada onde o camiño percorre terras do concello de Pantón.

Partindo da capital da comarca de Lemos chega á Broza para entrar nestas terras tras cruzar a estrada que vai de Pantón ó Saviñao., unha estrada que foi construída no seu momento por riba do camiño,  e é a que seguiremos aproximadamente un quilómetro antes de tomar un desvío á esquerda que nos levará a San Lourenzo.

Este tramo discorre baixo unha espléndida plantación de chopos existente a ambos os lados do vial. Aquí tamén podemos observar á esquerda

a magníficxa construción do pazo do Reguengo, unha mostra máis das moitas casas soaregas que garda Pantón.

En San Lourenzo desviarémonos da estrada para subir por un camiño amurallado e en parte empedrado que nos leva ata O Piñeiro. Tamén existe unha alternativa consistente en realizar un pequeno rodeo duns 1.500 m, xirando á esquerda e seguindo unha calzada empedrada que nos conducirá igualmente ó Piñeiro, onde poderemos observar unha fermosa fonte labrada e saciar a nosa sede nas súas frescas augas, antes de seguir camiño ata A Xesteira.

Este lugar está moi cerca de Castillón, onde varios documentos de distintas datas, a partir do 791, sinalan o paso dunha strata, unha antiga carraria, é dicir, dunha vía romana, sobre a que se acharon dúas aras ós lares viais (deuses dos camiños).

Apartándonos da ruta un pequeno treito, permitiranos admirar restos arqueolóxicos romanos localizados en Castillón, as súas dúas igrexas e un cruceiro fermosamente labrado.

 

O tramo que percorre estas terras lévanos a Galegos, onde abandonamos Pantón para entrarmos no concello do Saviñao, camiño de Chantada.

Camiño de Inverno1 (3) Camiño de Inverno1 (2)

NOME RUTA: Tramo Camiño de Inverno a Santiago. (Etapa por terras do concello de Pantón)

DIFICULTADE:  Baixa  

TEMPO ESTIMADO: (Ida e volta)  2 horas (por terras de Pantón) - 4 horas( partindo de Monforte)