Como complemento podemos visitar o lugar de Marce, onde se encontran restos dunha torre que pertenceu ó conde de Lemos e á torre do reloxo, unha edificación levantada polos emigrantes desta aldea a Suramérica no século pasado.
Dende a capitalidade do municipio, O Castro de Ferreira, circulamos pola N-120 en dirección a Ourense. Á altura de Guítara, un desvío lévanos á antiga estrada N-120a, e dende alí seguimos en dirección a Marce. Despois de 2 km de baixada pola ribeira do Miño, entre frondosa vexetación, atopamos a sinalización do comezo da ruta.
A 900 m do comezo, fronte a unha antiga adega de pedra, está indicado o desvío para descender á FERVENZA DE AUGACAIDA (29T X:605875 Y:4708134). Despois dun pequeno tramo de camiño poderemos optar por visitar a parte alta da fervenza ou ben baixar a súa base.
Se seguimos o camiño sen realizar o desvío, un sendeiro lévanos ata o CASTRO DE MARCE,
un montículo pendurado sobre o río Miño. A súa grande altura permite a visión dun amplo e espectacular tramo do río.