Galicia España logo_ribeirasacra

Concello de Pantón

facebook-me-gusta Transparente panton_anima

Restos Romanos

 

 

 Na parroquia de Castillón apareceron restos da dominación romana, concretamente cerámica e moedas. Tamén partes dun hipocausto, habitación que se caldeaba por medio de canles subterráneas. Probablemente pertenceu a unha vila romana, se cadra un centro de explotación agraria, frecuentes nas zonas rurais da Hispania romana baixo-imperial. Tamén neste xacemento apareceron aras votivas e lápidas funerarias. Unha destas coa seguinte inscripción: “ A los dioses manes de Valeria Florina, de ventitrés años, esposa muy piadosa de Pompeyo Lúpulo”.

 

En Atán, un veciño descubriu un ara romana que se deu a coñecer en 1990. No anverso, dúas figuras humanas sedentes, home e muller, decapitados polo paso do tempo. No reverso, escena de caza que se relaciona claramente coa iconografía romana. (Museo de Lugo)

RESTOS  XACEMENTO CASTILLON (TURULAS) 012 RESTOS  XACEMENTO CASTILLON (TURULAS) 014

Trisquel incrustado nun muro 

Basa de columna adornando un muro de entrada dunha edificación.

celosia e estela_0002 celosia e estela_0001