Concello de Pantón
Os ríos que forman os límites do municipio de Pantón (Cabe, Sil e Miño) configuran nas súas ribeiras agrestes e empinadas unha riqueza paisaxística inigualable, que se mesturan coa riqueza artística. Dende o lugar máis alto do municipio (Pena Pombeira, 710 metros), Pantón deleitanos coas súas fermosas panorámicas, mesturando as ribeiras máis escarpadas con vales máis apracibles.
Unhas paisaxes naturais de gran variedade e atractivo, con boas condicións para practicar a pesca. Polos ríos Miño e Sil pódense realizar percorridos en catamarán, que permiten a contemplación das insólitas paisaxes da Ribeira Sacra, cos seus característicos viñedos dispostos en terrazas tamén chamados socalcos.
"Pantón é un país de vales como maus abertas,
de colos maternais e amorosos,
de montañas docemente femininas que se erguen
para ollar ó ceo e ó inmenso Val de Lemos
deitado ó seus pés, fermoso e longo.
Eiquí a pedra fíxose arte, flor,
pasmo, marabilla, milagre,
eirexa, castelo, mosteiro, pazo, casa,
para darlle ó home seguridade e fogar,
fronte ó desamparo da vida e do destino"
Manuel María
Natureza