Galicia España 25 a ruta pasa por riba da Míllara Transparente logo_ribeirasacra

Concello de Pantón

facebook-me-gusta

Mosteiro Cisterciense do Divino Salvador

Paramos  un momento en Pantón

Y entramos en el patio de un

Convento. No hay nadie;

reina el silencio y la soledad.

 

                     Pio Baroja, Reportajes

Dependencias barrocas: Realizadas no século XVIII correspóndense co resto do mosteiro. A fachada principal ten dous corpos e torre no extremo norte á que se engaden as dependencias da antiga hospedaxe. Deste século é o espazo coñecido como "das donas", antigas celas de relixiosas nobres. No seu tellado sobresaen oito orixinais chemineas.

O mosteiro posúe  unha pequena hospedaxe acondicionada a finais do século XX e destinada a persoas que buscan un lugar diferente para o seu retiro ou estudo. Conta cunha  tenda para a venda da repostería feita polas monxas.

42º 30´ 30.12´´ N       X=61343.3

 7º  37´ 10.99´´ O       Y=4707229.2  

http://www.monasteriodeferreira.net/nuestro-monasterio/

 

HORARIO DE VISITAS: Tódolos días de 10 horas  a 13 horas  e de 16 horas a 18 horas.

MONASTERIOCISTERCIENSE DE FERREIRA DE PANTÓN

 Pertenceu en orixe á orde beneditina e foi  incorporado á orde cisterciense a finais do século XII.  As relixiosas que continúan  a manter vida activa neste mosteiro e seguindo a máxima de ora et labora centran a súa vida na oración e no traballo.

 

O recinto monástico está rodeado duns altos muros con acceso  a través dunha ampla portada do século XVIII. No seu interior atopamos tres partes ben diferenciadas:

A igrexa: Románica do século XII, con planta de única nave rectangular e cabeceira semicircular, cuberta con bóveda de cascarón. O presbiterio está cuberto con bóveda de canón e nel aséntanse dous enterramentos do século XV pertencentes a nobres da familia López de Lemos.

No interior e no exterior da cabeceira sobresae  a súa abondosa decoración escultórica. Capiteis e canzorros, de variados temas e coidada técnica, son un claro expoñente do simbolismo románico.

A nave da igrexa cóbrese cun orixinal artesoado de madeira do século XVI, de clara influencia mudéxar. No seu interior destaca a imaxe dun Cristo Crucificado, realizada no século XVII en madeira policromada, que pertenceu a un dos antigos retablos barrocos.

Acaroadas ó muro sur hai unha pequena capela e a sancristía de construcción posterior á da igrexa.

No ano 1975 descubriuse , tapiada nunha das ventás do muro norte, unha imaxe románica en madeira policromada que representa a unha Virxe co Neno Xesús sobre os seus xeonllos.

Claustro: Construído no século XVI, de estilo renacentista con planta rectangular e organizado en dous corpos. A planta baixa realizada en granito con arcos de medio punto, columnas e capiteis de tradición clásica. A primeira planta é alintelada e combina a pedra e a madeira.

Nun lateral  do claustro consérvase o enterramento da condesa Fronilde Fernández, dama que se encargou da anexión deste mosteiro á orde do Císter en 1175.

Virgen.web Claustro.web Solana.web