Double click to insert body text here ...
O concello de Pantón está situado no sur da provincia de Lugo, na denominada Ribeira Sacra lucense. Os seus límites veñen marcados polos ríos Miño, Cabe e Sil que a converten na "Mesopotamia" galega.
A súa extensión territorial é de 146 quilómetros cadrados, ocupados polas 26 parroquias, que suman un total de 220 vinte núcleos de poboación na que se asentan uns 2.600 habitantes.
A capitalidade da zona está centrada na vila do Castro de Ferreira, que conta cuns 700 habitantes, agrupados á beira da N-120, a arteria de comunicación da zona, e na praza do Concello, lugar onde se desenvolve a vida pública e municipal.